Antonio Sola, novo lateral zurdo para o Bergantiños

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

O porteiro Cote e o central Keita causan baixa na formación vermella

01 jul 2025 . Actualizado a las 23:26 h.

Comezou a semana o Bergantiños Fútbol Club anunciando nova fichaxe. Antonio Sola, de Utrillas, Teruel (2001), é lateral zurdo e pasou pola Masía e pola canteira do Real Zaragoza, equipo, este último, co que debutou na Segunda División con tan só 19 anos.

Procede do Ejea, de Zaragoza, na Segunda Federación, co que xogou 29 partidos. Antes estivo na mesma categoría co Deportivo Aragón.

Baixas

Por outro lado, a formación vermella comunicou onte as baixas do porteiro canteirán, Cote, así como do central Keita. O meta carballés xogou as últimas dúas tempadas nas Eiroas. Foi no 2023-2024 cando deu o salto ao primeiro equipo. O de Mali fichou polo conxunto bergantiñán no pasado verán.

Vai collendo forma o novo plantel, que estará comandado polo vilalbés Simón Lamas, quen se estreará no banco do estadio municipal de Bértoa. Será a segunda campaña consecutiva na Segunda RFEF tralo ascenso no curso 2023-2024.