O BNG de Cabana lamenta as declaracións do alcalde ao respecto do incidente coa guía de Dombate
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO

O grupo carga contra José Muíño por, din, «relativizar a agresión» e falar de «muros lingüísticos»
25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ao fío do altercado denunciado recentemente pola guía do dolmen de Dombate —cuns turistas que presuntamente a increparon por dirixir unha visita en galego— o BNG de Cabana cargou contra o alcalde, José Muíño, por «relativizar a agresión, falar de ‘‘muros lingüísticos'' e apelar a un ‘‘sentidiño común'' que, visto o visto, brilla pola súa ausencia», apuntou o partido. Dende a formación amósanlle á moza o seu «apoio total e sen matices» e condenan con rotundidade o que consideran unha transgresión dos seus dereitos laborais, institucionais e humanos.