
Con el poderase acceder a varias das pezas programadas: xa está dispoñible
30 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«Teatro creativo e exquisito», din dende o FIOT acerca do ciclo OTNI, Obxecto Teatral Non Identificado, ese teatro más innovador, fusión de linguaxes, que xa se vén vendo en Carballo dende hai uns anos. O festival acaba de lanzar un novo bono, Bono OTNI, co que asistir a catro «obras excepcionais» case a metade de prezo, 12 euros. Co el poderase gozar das pezas Compaña, de Xampatito Pato (5 de outubro); Empaque, de Chicharrón Circo Flamenco (9 de outubro); Entrañas, de El Patio Teatro (día 12) e Masa Madre, da Compañía Caí (26). Bono xa á venda na plataforma ataquilla.com.