Festa da Fabada de Paiosaco e outras citas para este domingo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Axenda | Teatro, tapas, baile, música e literatura... Ten ben donde elixir en función dos gustos 

05 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ademais do inicio do ciclo OTNI do FIOT de Carballo —ver aquí— e da cita coa solidariedade da man da xunta local contra o cancro de Muxía —ver aquí—, estas outras citas hoxe na Costa da Morte:

Paiosaco • Festa da Fabada • Nin malo de todo nin calor abafante. Semella que vén para este domingo o tempo perfecto para dar conta da Festa da Fabada de Paiosaco (A Laracha), que acada os 20 anos da man da asociación Queiroga. Quilos e quilos de fabas, carne e chourizos, servidos en racións e tapas a prezos módicos. A partir das 09.00. Aproveite para mercar algo na histórica feira!

Cerceda • De tapas • Derradeira xornada para gozar desta proposta gastronómica, iniciativa municipal. Cerceda Tapea —hoxe en horario de 12.00 a 15.00— ofrece petiscos a dous euros dende A Taberna (Cerceda), A Estación (Queixas), Golán (A Tablilla), O Estanco (Meirama), Palla (Queixas), O Panadeiro (Cerceda), O tío Pepe (Cerceda) e Morriña (Queixas). Con cada tapa, un rasca para agasallos e á vez entrada en tres grandes sorteos.

Cerceda • Música e literatura • Canta, miña pedra, canta: homenaxe a Antonio Fraguas, música e literatura con Xoán Curiel e Charo Pita. Ás 12.00, no auditorio.

Muxía • Concerto • Será no cámping Lago-Mar, ás 13.00 horas, coa actuación de Gloria Pavía. Botou a andar onte xa un novo mes de intensa programación cultural.

Camariñas • Limpeza de praia • Promove a asociación ambiental Mar de Fábula, con inicio ás 11.00 horas e punto de encontro no aparcamento da praia camariñá do Lago. Consulte no 660 242 118 se aínda é posible sumarse de voluntari@.

Carballo • Baile para maiores • No mercado de Carballo, de 18.00 a 21.00, coa actuación de Martín Carrión. No centro cívico de Malpica, ás 19.00, con Karma.

O Couto (Ponteceso) • O Sacramento • Hoxe, pasarrúas cos Farrapos e sesión vermú co dúo Charada. Colaboran veciños e Concello.

Cerqueda (Malpica) • De festa • Misa ás 13.00 horas e vermú co dúo Veneguay.