De viaxe dende A Laracha ás Rías Baixas

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Sanxenxo, O Grove ou Cambados foron algúns dos puntos visitados

22 oct 2025 . Actualizado a las 19:39 h.

Un cento de laracheses maiores de 55 anos participaron este mércores da excursión polas Rías Baixas organizada polo Concello. Á fronte, o alcalde, José Manuel López Varela, e a edila de Servizos Sociais, Rocío López. Entre as paradas que fixeron os viaxeiros, Sanxenxo, O Grove ou Cambados. Gozaron, entre outras propostas, dunha travesía en catamarán con comida a bordo. Coñeceron tamén a capela de San Caralampio da Toxa.

«Este tipo de iniciativas son organizadas polo Concello como propostas lúdicas, recreativas e culturais que se marcan como obxectivo esencial optimizar o tempo de lecer dese colectivo, animarlles a coñecer e visitar lugares próximos e axudar a tecer relacións sociais entre os asistentes», trasladan dende o Concello.