Os galardóns entregaranse este domingo, no Salón Teatro de Santiago
31 oct 2025 . Actualizado a las 19:32 h.Virá o premio maior para a Costa da Morte? Para Camariñas? A artista Belém Tajes é unha das finalistsa dos Premios Narf, cuxa gala se celebrará este domingo 2 de novembro no Salón Teatro de Santiago. Concorren tamén as bandas Marián e Vimbio. Como grupo convidado a actuar durante a deliberación do xurado, tamén talento da Costa da Morte, o de Caamaño&Ameixeiras.
Segundo destacan dende a organización, salientouse de Tajes «as letras coidadas» e «unha aposta singular e con personalidade na instrumentación». Belém integrou formacións como Vudú ou Aliboria, entre outras. O gañador destes Narf levará 4.000 euros, quedando o segundo clasificado con 2.000 e, o terceiro, con 1.000. Ten o certame como fin difundir, apoiar e promocionar grupos e artistas galegos, así como lembrar e divulgar a figura de Fran Pérez, Narf.