As derradeiras paradas do FIOT 2025

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

A 34.ª edición do festival teatral de Carballo chega á súa fin esta tarde-noite con LeLuthier. Mais nas últimas horas... 

01 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A 34.ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) botará hoxe o peche cunha festa de clausura (20.00 horas, Pazo da Cultura) no que socios de Telón e Aparte e abonados poderán gozar de Le BarLuthier. Será esa a derradeira parada dun encontro cuxa programa de sala se despediu onte coa obra Vulcano e que nas horas anteriores acolleu citas moi ligadas á «raíz» que enfiou case todas as funcións.

Así, Daniel Pérez, alcalde, e Maruxa Suárez, concelleira de Cultura, participaron o xoves xunto coa directora da Aula de Teatro Municipal, Alba Bermúdez, no primeiro dos actos de conmemoración do 120.º aniversario do nacemento do escritor e xornalista carballés Cándido González Tiradas, tamén dramaturgo. Alumnado da Aula ofreceu unha lectura dramatuzada dun fragmento da suá obra máis coñecida, Mal ollo! Foi unha xornada intensa no Pazo, pois ademais a Escola Oficial de Idiomas celebrou tamén o xoves a Oktoberfest.

ANA GARCÍA

No tocante á programación, na xornada precedente, o mércores, botou o peche o ciclo Obxecto Teatral Non Identificado (OTNI). Recibiuse neste caso no auditorio do Pazo á galega Paula Quintas, rostro referencial na danza galega xa ben coñecido en Carballo.