Regueifa, formación e un prazo límite para o comercio, hoxe na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

A regueifeira Lupe Blanco
A regueifeira Lupe Blanco ANA GARCIA

Axenda diaria | En Cee avanza o programa Eco de Sol e en Carballo remata a Universidade Sénior 

18 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A axenda deste martes na Costa da Morte viaxa ata Cee, onde continúa a programación do ciclo Eco de Sol, impulsado por aAntena. Para hoxe ás 11.00 está programado no auditorio Baldomero Cores un obradoiro de regueifa a cargo da coristanquesa Lupe Blanco: Improvisando a verdade. Trátase dunha sesión lúdica e interactiva na que os presentes xogarán coas palabras e coa música coa natureza e medio ambiente como fío condutor.

Doutro lado, en Carballo, chegará a última sesión da Universidade Sénior que se leva a cabo no Fórum: correrá a cargo do profesor Carlos Freire e versará (17.00) sobre boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico. Finalmente, na Laracha é o último día para que os comercios se adhiran á campaña Agasalla comercio local, ten premio.