Teatro, literatura, narración oral, ciencia, medio ambiente, cinema, música e baile... Hai ben onde escoller!
29 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Malia terse suspendido dúas citas teatrais previstas hoxe en Cee e Ponteceso, hai moito para elixir este sábado na Costa da Morte.
25N | CONTRA A VIOLENCIA
A Laracha • O Concello da Laracha programou para hoxe a quinta edición da andaina A Laracha unida fronte ás violencias machistas. É unha proposta de participación libre, para todos os públicos, con saída ás 11.00 horas dende a praza Les Sables d’Olonne, que tamén será o punto de regreso. No medio, uns 6 quilómetros de dificultade baixa. Pequenos do Espazo de Participación da Infancia e Adolescencia (EPIA) lerán a declaración para a eliminación da violencia contra a muller aprobada por todos os grupos da corporación.
TEATRO E NARRACIÓN
Vimianzo • A programación cultural de outono na Casa da Cultura de Vimianzo botará hoxe o peche ás 20.30 horas co monólogo A penúltima, de Carlos Blanco. Entradas en woutick.es, ou dende unha hora antes alí mesmo.
Muxía • Neste caso, vai de monólogos, e ademais cun dos grandes contadores, Avelino González. Chega á vila da Barca con Eran elas!, unha cita co humor e coa narración máis auténtica, historias, ironía e talento para darlle a elas (elas!) o papel que tantas veces mereceron. Avelino comezará ás 20.00, mais a billeteira (entradas a 1 euro) abre ás 19.00 horas. No Salón do Voluntariado.
Cerceda • Leti da Taberna é unha creadora de contido devida humorista, ou unha humorista devida creadora de contido. Quen sabe! Hoxe visitará Cerceda co seu monólogo Enredada, ás 20.30 no auditorio municipal. Xusto despois do acendido das luces de Nadal. Aproveite!
PATRIMONIO
Brandomil (Zas) • Para as 11.30 horas está programada unha visita guiada ás sondaxes arqueolóxicas Pedra do Altar. O punto de encontro é a ponte vella de Brandomil, non sendo precisa inscrición para poder participar.
MÚSICA E BAILE
Baio • A asociación Adro de Baio, coa colaboración do Concello e da Deputación, organizou para hoxe, 20.00 horas, a cuarta edición da súa Foliada dos Panos. Música, taberna, sorteos e máis, todo na praza Jorge Mira Pérez.
Zas • Baile no centro sociocultural, de 19.00 a 22.00. Ameniza o dúo Mar da Vila.
Cee • Baile no salón de actos, ás 19.00 con Claudia Zurita.
Paiosaco • Baile social no centro sociocultural, ás 18.00
LITERATURA
Carballo • O club de lectura de Espiral Maior Foro (rúa Sol, 34) reunirase esta mañá ás 11.30 horas nunha sesión arredor da novela Criminal, de Xurxo Borrazás. Estará presente o propio autor. Acto aberto a todo o público.
Laxe • Acolle a libraría Risón, no 51 da rúa Villa Amparo, a presentación do conto ilustrado El encuentro, a cargo do seu autor, David Blanco de Rojas. Ás 18.00 horas, con acceso libre e de balde.
CINE
Laxe • Xornada especial no salón de actos, organizada polo alumnado de cuarto da ESO do CPI Cabo da Area. Tres filmes para diferentes gustos e idades: Canta! (17.00 horas), Mascotas (19.15) e A través de mi ventana (21.00). Entrada: 2 euros. Completarán a experiencia con flocos de millo, refrescos, auga e gominolas.
Corcubión • Dando fin á programación ligada ao 25N, a Capela do Pilar de Corcubión acolle ás 19.00 a proxección do documental Gaza, a franxa do exterminio. A cita coincide coa conmemoración do Día Internacional da Solidariedade do Pobo Palestino.
MEDIO AMBIENTE
Carballo • O Espazo da Natureza de Oza acolle ás 12.00 horas a presentación da 14.ª edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo. Pais, nais e rapaces están citados para este encontro no que afondarán en obxectivos, cronoloxía e actividades previstas este ano.
CIENCIA
O Couto (Ponteceso) • Continúa a Fundación Pondal co Mes da Ciencia en Galego, programando para este sábado, entre as 11.30 e as 13.00 horas, na sede da entidade, un día de portas abertas á ciencia e á tecnoloxía. Haberá obradoiros de radio e vídeo, experimentación con robótica e tamén achegamento á programación ou á intelixencia artificial (IA). Unha mañá distinta.
Xuntanza solidaria de la Asociación Galega de Ataxias
La Asociación Galega de Ataxias (AGA) ha organizado para hoy, a partir de las 14.30 horas, la octava edición de su Xuntanza Solidaria. Será en el restaurante Punta del Este de Carballo, con la actuación de un disyóquey. Fijaron el aforo en 250 personas y la cita trata de seguir recaudando fondos para la investigación de esta enfermedad tan ligada a la Costa da Morte. Habrá sorteo de regalos.