Será do 21 ao 23 de febreiro, para mozos e mozas de 12 a 18 anos. Irán a Aller, Asturias
25 ene 2025 . Actualizado a las 18:54 h.Organiza o Concello da Laracha unha nova edición do programa Finde na neve, para iniciar no esquí a mozos e mozas de 12 a 18 anos. Será do venres 21 ao domingo 23 de febreiro, na estación Fuentes de Invierno, en Aller, Asturias. Os participantes deberán aboar 150 euros, o que incluirá transporte en bus, pensión completa, aluguer de material, curso de esquí e seguro de viaxe. Os interesados terán aberto o prazo de inscrición dende este luns 27 de xaneiro, ata o 6 de febreiro, podendo facelo en liña —mediante o formulario dispoñible en www.alaracha.gal— ou ben acudindo ao Concello. Terán prioridade aqueles que non participasen outras veces. De haber máis solicitudes que prazas, faríase un sorteo público o 7.