
Alumnos de segundo e terceiro de ESO participaron de xogos e actividades
04 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Estudantes de segundo e terceiro de ESO do IES Agra de Leborís da Laracha participaron onte na campaña «Agresión Off: eu digo non á violencia de xénero». É unha proposta itinerante da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. Actividades e xogos sensibilizan, sobre todo, contra a violencia de tipo sexual.