Los derechos de las personas con discapacidad y el papel de las familias, a análisis con Íntegro
CABANA DE BERGANTIÑOS
La asociación prepara para el 13 de diciembre, dentro de su Escola de Familias, un faladoiro jurídico
02 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A las puertas del Día Internacional das Persoas con Discapacidade —mañana— y del Día dos Dereitos Humanos (10 de diciembre), la asociación Íntegro ha programado, dentro de su Escola de Familias, un faladoiro jurídico. Será el 13 de este mes, en su sede, Nantón, con dos intervenciones. La primera, a las 11.00, correrá a cargo de María Cotón, de la Fundación Paideia, y abordará los derechos de las personas con discapacidad, centrándose en la nueva ley de apoyo. A las 12.00 será el turno de María Luísa Fernández, madre de familia: reflexionará sobre el papel de estas en el ciclo vital de una persona con diversidad funcional, y presentará su libro Una sola persona es todo el mundo. Acudir a estas sesiones es gratuito: inscripción en info@integro.es o en el 981 734 985.
Decidir sobre su propia vida
«Imaxinas non poder decidir sobre a túa propia vida? (...) Negóuselles ás persoas con discapacidade a posibilidade de adoptar decisións». Así comienza una reflexión escrita, al hilo de la conmemoración de mañana, por Noelia Barreira, directora del centro de recursos de Íntegro. Habla en ese escrito, que puede leer a continuación, de un modelo de apoyos en la comunidad, de derechos y de autodeterminación. Un trabajo de fondo.
AO FÍO DO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Imaxinas non poder decidir sobre a túa propia vida? A pesares de parecer isto unha visión distópica, a realidade é que ó longo da historia negóuselles sistematicamente ás persoas con discapacidade a posibilidade de adoptar decisións e exercer o control de maneira persoal e individual en todas as esferas da súa vida.
Isto débese a que a sociedade non está baseada nunha participación activa, senón que aínda ten trazos autoritarios que en moitas ocasións nos pasan desapercibidos.
O artigo 19 da Convención sobre os dereitos das persoas con Discapacidade recoñece o dereito en igualdade de condicións de todas as persoas con discapacidade a vivir de maneira independente e a ser incluídas na comunidade, coa liberdade de elixir e controlar a súa vida.
Cando falamos de desinstitucionalización facémolo referíndonos a un proceso para cambiar o modelo das institucións a un modelo de apoios na comunidade. Un camiño co que lograr que os colectivos vulnerables, neste caso as persoas con discapacidade recuperen a súa autonomía e independencia.
Os dereitos e a autodeterminación son dúas das dimensións da calidade de vida que teñen que tomar especial relevancia no modelo de coidados, onde estes dous conceptos son a base de calquera intervención que se propoña para a mellora do benestar e a consecución das condicións de vida desexadas por unha persoa.
Neste cambio de modelo hai 2 aspectos clave: dunha banda, que este proceso estea dirixido polas propias persoas con discapacidade para garantir que o cambio se axuste ás súas decisións da mellor forma posible, e doutra banda, que é imprescindible adaptar os servizos de apoio ás persoas de forma individualizada vinculándoos ás redes comunitarias, de forma que fomenten a inclusión da persoa.
A calidade de vida dunha persoa con discapacidade aumenta cando se lle da o poder de participar en decisións que afectan a súa vida. A participación da persoa na elección do seu plan de vida futura, a participación en aspectos tales como a elección do lugar onde vivir, con quen facelo, que comer, se nos gusta durmir ata tarde ou deitarnos máis aló das 21:00 horas, se preferimos saír ou quedar na casa, se nos gusta poñer mantel na mesa, se queremos ter animais de compañía ou escoitar música... Todas estas eleccións deben ser totalmente independentes do apoio que requiran.
Este é un cambio de modelo complexo, un traballo de fondo, conxunto entre asociacións, entorno, familias e persoas con discapacidade co fin de crear sinerxías e redes de apoio, que sumado a un desenrolo adecuado dos roles profesionais son factores básicos para o éxito.
As sementes que plantemos hoxe determinarán o froito do mañá, por tanto dende as entidades sociais, como é INTEGRO, potenciemos o papel dos membros da familia para que apoien aos familiares con discapacidade a facer efectivo o seu dereito a vivir de forma independente e dotemos ás persoas con discapacidade das ferramentas necesarias, escoitémolas e fagámolas partícipes para que as súas capacidades poidan brillar.
Noelia Barreira, directora do centro de recursos de Íntegro.