Rosalía, comparsas e máis na programación de febreiro e marzo de Cabana
CARBALLO / LA VOZ
CABANA DE BERGANTIÑOS

O concuso de entroido nesta localidade será o martes 4 de marzo. As inscricións, ata un día antes!
09 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Vén de dar a coñecer o Concello de Cabana, da súa banda, a programación para os meses de febreiro e marzo. Actividade variada, pero a destacar a homenaxe a Rosalía de Castro o martes 18 de febreiro ou a gran festa de Entroido do martes 4 de marzo no pavillón municipal. De par da degustación de doces típicos da man de panadarías locais, haberá concurso de comparsas e pasarela individual de disfraces. As primeiras han de inscribirse do 17 de febreiro ao día anterior ao concurso: 981 754 020. Rematará o día coa música de La Diferencia. Inclúese asemade na programación cabanesa unha visita guiada á cidade de Lugo para o 7 de marzo, e máis bailes sociais no centro de maiores: os domingos 9 e 23 de cada mes.