
Comeza un novo curso no municipio: iniciativas socias e deporte levan o groso das inscricións
05 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Comeza un novo curso de actividades sociais, deportivas e culturais en Cabana, e non menor, pois serán 759 os usuarios que participarán nunha ou en varias das propostas iniciadas polo Concello: 2.313 inscricións. As máis numerosas: 615 en actividades sociais, 780 en deportes, 58 en actividades musicais, 59 na escola de bailes de salón e ritmos latinos, 42 da escola de teatro e outras tantas na escola de música José María Álvarez Canto. Denota isto a participación e son cifras «que consolidan a tendencia á alza», din dende o consistorio. Buscan estas actividades dinamizar a vida en todas as parroquias. Sinala o goberno como eixo a posta en valor dos espazos municipais, e nese sentido estanse a facerse melloras no polideportivo: eficiencia enerxética, climatización e illamento da cuberta.