A literatura, perfecta aliada para a Mostra do Encaixe de Camariñas

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CAMARIÑAS

Ana García levará a Camariñas  Mar de ardora, mar de Galicia
Ana García levará a Camariñas Mar de ardora, mar de Galicia Basilio Bello

O encontro artesán segue afondando na súa dimensión cultural, e albergará este ano seis presentacións

28 mar 2025 . Actualizado a las 14:40 h.

A 34.ª Mostra do Encaixe de Camariñas botará a andar o 16 de abril e farao cunha edición na que se reforza a oferta cultural. Haberá este ano seis presentacións literarias:

  • 17 de abril, 12.00 horas. Quenda para o fotógrafo muxián Xesús Búa, quen dará a coñecer a súa obra Homes e mulleres de sal e ferro, un tributo a percebeiros e percebeiras da Costa da Morte.
  • 17 de abril, 12.30 horas. Relevarán a Xesús Búa os malpicáns Icía e Xosé Manuel Varela, autores de Cantareiras, un percorrido polo legado da música e a poesía popular.
  • 18 de abril, 12.00 horas. Josefina Campaña presentará o seu primeiro libro, De niña artesana a mujer.
  • 18 de abril, 12.30 horas. Intervirá Xan Fernández con Camariñas, un mar de encaixe, acto que presentará o comunicador Marcial Mouzo.
  • 19 de abril, 11.40 horas. Chegará á Mostra a obra El Cementerio de los Ingleses, de Alfonso de Sas.
  • 19 de abril, 12.00 horas. Ana García, fotoxornalista de La Voz, levará a Camariñas a maxia con Mar de ardora, mar de Galicia

Tamén o sábado 19 pola mañá, doutro lado, e despois dos desfiles da mañá, a camariñá Águeda Antelo agasallará aos pequenos das escolas municipais de palillo co seu libro Un viaje por el espacio.