
Está aberta a inscrición, ao igual que para os obradoiros de tempo libre: case 770 prazas
05 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Vén de anunciar o Concello de Camariñas, do seu lado, que se ofrecerán no verán 768 prazas de obradoiros de tempo libre e actividades náuticas. Están abertas as incricións para pequenos e mozos en ambas propostas, e no caso dos talleres haberaos este verán de xeito simultáneo en Camariñas, A Ponte do Porto, Xaviña e Camelle, en catro quendas e ocupando 720 prazas. A preinscrición poderá facerse ata o 19 de xuño, de xeito telemático ou presencial na oficina de Deportes, pero máis hai que bulir para anotarse nas actividades acuáticas, a diferenza que marca este municipio. O prazo remata o día 8. Celebranse as actividades no Club Náutico, con dúas quendas en xullo. Tanto nos obradoiros como na auga terán preferencia empadroados no municipio. En caso de que a demanda supere a oferta, realizaríanse sorteos.