Chega o día de maior simbolismo na lembranza do naufraxio do City of Agra

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CAMARIÑAS

BASILIO BELLO

Camelle e Arou son epicentros da conmemoración, que inclúe para esta noite a recreación da arribada dos náufragos

12 jul 2025 . Actualizado a las 11:11 h.

Hoxe • Está en marcha dende onte, con actividades en Camelle e Arou, o programa cultural conmemorativo do 128.º aniversario do afundimento do City of Agra. É a sexta edición desta iniciativa de Naufraxios Galegos e trae para este sábado a xornada, quizais, de maior simbolismo. Entre as 10.00 e as 20.00 horas continuará a Feira Mariñeira, e para as 10.30 está previsto un roteiro animado con saída de Arou para o que hai que terse inscrito.

Será de libre participación, non obstante, a sesión vermú a cargo de Adhara & Ritman, pura forza na súa voz e instrumentos (14.10 horas). A primeira hora da tarde (17.00) sumarase ao almanque un obradoiro a cargo de Mar de Fábula e para as 20.00 deixarase unha foliada aberta. Chegará aínda o máis forte pola noite, a iso das 22.45 horas, coa teatralización por parte de locais da arribada dos náufragos do City of Agra, isto é, aquilo que ocorreu hai 128 anos. Kreze amenizará este motivo momento. Continuarán mañá, domingo, as actividades.