
A carreira electoral | A concelleira da oposición considera que é fundamental ter un centro de día en Cee e investir en servizos sociais e en promoción económica
10 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Pilar Iglesias Lema é concelleira e cabeza de lista de Independientes por Cee. Esta é a súa primeira vez como candidata á alcaldía nun concello onde dúas mulleres aspiran a presidir a corporación municipal. É a quinta vez que forma parte dunha candidatura electoral, polo que ten experiencia política. Ademais foi delegada de Servizos Sociais e Emprego durante cinco anos e estivo algo máis de dous como primeira tenente de alcalde.
—Como viu estes últimos catro anos en Cee ?
—Mal. Creo que se fixo un traballo basicamente de mantemento dos espazos públicos porque as obras do POS fixéronse todas co apoio unánime da oposición. A alcaldesa tivo a sorte de que en dous orzamentos que lle aprobaron en dous meses, dos anos 2019 e 2020, non sabemos moi ben por que o PP se lle ocorreu regalarlle eses votos. O PXOM segue sen aprobar, que era algo que lle preocupaba tanto cando estaba na oposición. O centro comercial está peor do que estaba. A política de man tendida da que falou na investidura creo que xa se viu reflexado nos plenos que se publicaron no Facebook se viu que non era certo, máis ben todo o contrario. Nestes catro anos o que houbo foi un diálogo con ninguén da oposición.
—Que propostas levan vostedes para o próximo mandato?
—Tampouco demasiadas porque hai que ser realistas. Fundamentalmente, servizos sociais e atención a persoas con dificultades de todo tipo. Especialmente o centro de día porque tivemos un goberno do PP que o prometeu e non chegou. Agora co PSOE gobernando en Madrid fixeron o mesmo. Iso é algo importantísimo para Cee porque ademais hai que xestionalo porque o de Corcubión, e sempre se basean nese, non cumpre a normativa porque é moi esixente, mesmo nos espazos. Por iso non vai abrir nunca. Despois é fundamental a promoción económica. Hai moitas cousas no noso programa, case todas moi normais, todas elas factibles.
—Que obxectivos teñen de cara ao 28 de maio?
—Gobernar, ser alcaldesa, evidentemente. Consideramos que non haberá maiorías. Sempre dicimos que as eleccións son un partido en dous tempos, o do día das votacións e o que pase en diante.
—Como ve as mocións e as posibilidades de pactos?
—As mocións son legais, como foi no noso caso no seu momento. Si que era atípica porque a fixo por primeira vez na historia de Galicia o BNG que lle deu a alcaldía ao PP, pero a moción sempre sobrevoa cando hai minorías. A idea é sacar o maior numero de votos e despois das eleccións xa se verá. Hai que esperar a ver os resultados. Eu penso que imos estar moi lonxe das maiorías en Cee.
A lista
1. María del Pilar Iglesias Lema
2. María del Carmen Díaz Freire
3. María Raquel Ovejero Álvarez
4. Gabriel Cespón Caamaño
5. Emilio Trillo Caamaño
6. Jorge Monterroso Sar
7. José Antonio Sambade Sendón
8. Yolanda Lago Castro
9. Jesica Torices Rodríguez
10. Juan Antonio Rey Pequeño
11. Aurea Santos Pose
12. Adrián Canosa Vázquez
13. Ramón Vigo Sambade
Preferencias
- A que hora se ergue? Ás 7
- Que almorza? Café con leite de avea e torrada
- Prato preferido Cocido
- Que non comería? Año
- Bebida preferida 100 Pipers con Kas de laranxa
- Equipo de fútbol Deportivo
- Que coche ten? Audi A3
- Unha afección Ler
- Un lugar Lires
- Unha rede social? Instagram
Artes e letras
- Escritor/a favorito/a Moitos. García Márquez
- Último libro que leu Firmin, de Sam Savage
- Última película que viu Pieles
- Un/a artista Monet
- Un actor Jack Nicholson
- Unha actriz Alba Bermúdez
- Un/a cantante ou grupo The Doors
- Tipo de música Rock
- Deporte que practica GAP, Spinning, piscina...
- Unha viaxe pendente O Machu Pichu