Jesús Picallo, PP de Cee: «O importante saíu adiante porque o PP é responsable»
CEE

A carreira electoral | O empresario entra en política e anuncia as súas intencións: «Nós estaremos aí para solucionarlle os problemas aos veciños»
11 may 2023 . Actualizado a las 11:29 h.Jesús Picallo naceu en Vimianzo en 1960. Empresario de turismo (e máis), veterano no asociacionismo, chega á política como cabeza de lista por primeira vez.
—Sempre falamos con vostede de temas de turismo, pero agora toca outra faceta diferente, a política.
—Na vida hai que estar preparado para todo e intentaremos comunicar.
—Vostede é novo encabezando unha lista, pero algo de política tamén ten ser o vicepresidente do Clúster de Turismo.
—Pos si, nesa faceta, na de presidente da asociación Solpor e xestionando empresas, á fin e ao cabo estás facendo política. As relacións comerciais son a base dunha boa política.
—Como valoran, dende o PP, o que se fixo nestes últimos catro anos en Cee?
—Nós entendemos a política como unha maneira de mellorar as cousas, dende o entendemento e dende o diálogo, son os dous pés básicos de calquera política que fagas. Polo tanto, a situación de Cee nestes catro anos ten pouco de política. Levamos catro anos sen diálogo cos meus compañeiros do PP. E non porque eles non o intentaran. Aprobámoslles uns presupostos, chegamos a consensos en plans de obras, e que ninguén pense que foi pola man tendido da señora Lamela. As cousas importantes saíron adiante porque o PP é un partido con responsabilidade de goberno. Non quixemos que o pobo de Cee pagase as consecuencias da falta de cintura do goberno en minoría do PSOE. Foi o mandato de «ou comigo, ou contra min». E iso para nós non é facer política.
—Que obxectivo se marca neste desembarco na política municipal?
—O obxectivo é poñer máis en valor Cee, os seus activos principais, como pode ser o porto comercial, o centro comercial, o polígono industrial, o ocio nocturno, un gran centro deportivo... E, sobre todo, facilitar a implantación de empresas e de autónomos. A atención aos nosos maiores, aos que tanto lle debemos. As medidas que levamos no programa son importantes, porque atenden ás necesidades dos diferentes colectivos que conforman o municipio de Cee.
—Todo isto que comenta estará incluído daquela no programa do PP.
—Así é. Presentamos un programa adaptado ás melloras que Cee necesita. Temos equipo para facer todas estas medidas que Cee necesita nestes propios anos.
—Nestes últimos catro planeou a posibilidade dunha moción de censura. Que opina?
—Foron catro anos en minoría, e un alcalde en minoría ten que saber gañarse aos demais. Cee xa é coñecido por ter gobernos precisamente en minoría, pero había unha relación institucional de gobernar para os que che votan e os que non. Aquí, non: a xente que non pensa como a alcaldesa, perséguese. Ata se ve nas redes. Nós estaremos aí para solucionarlle os problemas aos veciños, nunca levaremos a un veciño ao xulgado.
A LISTA
1. Jesús Ángel Picallo Santos
2. Águeda María Díaz Mejuto
3. María Victoria Areas Pose
4. Vinicio Ramón Mejuto Ríos
5. Susana Mª Fernández Castillejo
6. Tamara Paz Cambeiro
7. Javier Carballo Trillo
8. Martín Gerónimo Trillo
9. Tannia Oliva Bouzas
10. Ramiro Caamaño Quintáns
11. Seila Lado Caamaño
12. José María Vieites Leis
13. Jorge del Río Paz
Suplentes: Isabel Fernández Durán, Manuela Leis, Marío García Martínez, José Roberto González Rigaut, María Senra Blanco, Diego González Rodríguez, Begoña Varela Rodríguez, Óscar Bermúdez, Alberto Cambeiro e Cristina Guerrero.
PREFERENCIAS
- A que hora se ergue? Sobre as 8.30
- Que almorza? Descafeinado con leite desnadata
- Prato preferido? Guiso de berberechos
- Que non comería? Caracois
- Bebida preferida: CocaCola Zero
- Equipo de fútbol: Dépor e Madrid
- Que coche ten? Un Panamera
- Unha afección: A música
- Un lugar: Lires
Redes sociais que usa: Facebook e Instagram
ARTES E LETRAS
- Escritor ou escritora favoritos: Arturo Pérez-Reverte
- Último libro que leu: El masajista de almas
- Última película que viu: Mejor oferta
- Un artista: Marta Lado
- Un actor: Luis Zahera
- Unha actriz: Penélope Cruz
- Un cantante ou grupo: Luar na Lubre
- Tipo de música: A pop
- Deporte que practica: Debería camiñar máis
- Unha viaxe pendente: Etiopía