Alumnado e familias interesadas poderán acudir ao centro educativo ás 18.15 horas
19 ene 2025 . Actualizado a las 19:26 h.O instituto Agra de Raíces de Cee promove para este luns 20 de xaneiro unha xornada de portas abertas que dará inicio ás 18.15 horas. Está dirixida a alumnado da ESO doutros centros con interese en cursar bacharelato no Agra, sexan ou non centros adscritos a este. Tamén poderá participar alumnado, acompañado da súa familia, que desexe coñecer o instituto ou cursar nel a secundaria.
O programa da xornada comezará na biblioteca Concha Blanco, con benvida de dirección e orientación, para logo informar de estudos, actividades complementarias e extraescolares, servizos e instalacións. Tamén se fará unha visita guiada. Motiva esta iniciativa o feito de que xa estea aberto o prazo de solicitude de praza para os centros adscritos, petición que se debe facer ata o 4 de febreiro na aplicación web admisionalumnado. As prazas sobrantes logo de feitas estas reservas poderán ser empregadas por alumnos de centros non adscritos.