
Toxosoutos publica esta nova novela da escritora e docente. Está ambientada en Carnota
18 mar 2025 . Actualizado a las 20:10 h.A primavera é tempo de agromar literario. Para mostra, a nova novela da escritora e docente Guadalupe Vázquez Formoso. Vén de saír do prelo A voz silenciada, da editorial Toxosoutos. É unha novela incluída na colección Nume. Tal e como detalla a autora, o libro conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, que encabeza Valentín García. «A obra naceu da conciencia e chamada a tratar un tema tan delicado como o da violencia de xénero. É unha historia que, aínda sendo ficción, bebe da realidade que moitas mulleres viven en silencio», traslada. Na imaxe, Guadalupe cunha imaxe da fervenza do Ézaro ao fondo, moi acaído porque, engade, a obra está ambientada en Carnota, «na nosa zona».