
Dende comezos deste mes de marzo, está dispoñible o tema nas principais plataformas
18 mar 2025 . Actualizado a las 20:10 h.Alza a voz, e faino por algo sumamente importante: contra a lacra da violencia de xénero. Dende este mes de marzo está dispoñible nas principais plataformas No era ella, o último lanzamento musical da cantautora ceense Rocío Caamaño. «Pone voz a las familias que sufren algún caso de violencia de género cercano», trasladan dende o seu equipo, e con isto dá un novo paso no seu compromiso cos problemas sociais.
Na peza, pop sofisticado, «algunos destellos electrónicos y aromas a soul», un traballo que describen como «delicado» e á vez tamén «intenso». Caamaño, que encheu nos últimos meses salas como a Galileo Galilei de Madrid ou a Clamores, é quen de compoñer cancións baseándose nas historias que lle contan os seguidores.