Amplíase o prazo para visitar a mostra, na Casa da Cultura
17 oct 2025 . Actualizado a las 23:21 h.Vén de ampliarse en Cee o prazo de visita da exposición fotográfica Devoción popular na Costa da Morte, imaxes da autoría da fotoxornalista de La Voz Ana García. Son trinta fotografías en branco e negro —salvo unha, en cor— de romarías da Costa da Morte: «Vida, terra e xente», como se dixo na apertura da mostra. A exposición, inicialmente, ía permanecer na Casa da Cultura de Cee ata o 20 deste mes, mais agora poderá visitarse ata o 31. É unha das actividades polo 75.º aniversario do dogma da Asunción.