Pode visitarse dende este pasado venres na Casa da Cultura da vila da Xunqueira
18 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Dende este pasado venres pode visitarse de novo a exposición fotográfica Retrospectiva de Caneliñas: 100 anos de pesca baleeira. Está accesible na sala de mostras da Casa da Cultura de Cee, e razón de que volva a estar dispoñible para os interesados pasa porque este 14 de novembro se cumpriron 101 anos da posta en marcha da factoría baleeira de Caneliñas, que botaría o peche no 1985. Trátase dunha exposición comisariada por Álex Aguilar e Asunción Borrel na que, a través das diferentes imaxes, faise un percorrido polas etapas que atravesaron as instalacións. Catro bloques temáticos: etapa noruega (1924-1929), a actividade en Caneliñas con IBSA (1950-1985) e a factoría e a súa produción, incluíndo caza, traballo e traballadores.
Pode acudirse á mostra de luns a venres, de 09.00 a 16.00 e de 16.30 a 19.30, así como os sábados entre as 10.00 e as 14.00. A iniciativa súmase ao amplo abano de actividades coas que o Concello de Cee conmemorou o pasado ano o centenario da factoría: charlas, murais, visitas guiadas e tamén paneis.