«Entregar un premio sempre dá alegría»

CORCUBIÓN

JORGE PARRI

Casa Bujeiro vendeu un décimo premiado con 30.000 euros na Lotería Nacional

28 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O sorteo da Lotería Nacional do xoves deixou boas novas en Corcubión, ademais de en Vigo e noutras localidades. Alí, no ultramarinos Casa Bujeiro -tamén bar-, situado na rúa Pepe Miñones, foi vendido por máquina un décimo do 24667, o primeiro premio. Por tanto, o comprador levará uns 30.000 euros. José Miguel Rey Lago (Corcubión, 1971), responsable do establecemento, amosábase onte contento polo feito de ter repartido sorte.

-¿É o primeiro premio?

-Casa Bujeiro leva dende o 99 e a primeira vez foi precisamente no primeiro ano de estar aquí. Daquela aínda era en pesetas: foran vintecinco millóns e medio dunha Primitiva. Así grandes, este é o segundo. Xa me chamaron da Administración a primeira hora da mañá para enviarme o cartel correspondente.

-¿Una alegría, non?

-Entregar un premio sempre dá alegría, aínda que non sexa para ti, claro que si.

-¿Notan a afluencia de peregrinos tamén aí na venda?

-Peregrinos si, pero máis ben no verán. Son xeralmente veciños de aquí e tamén dos pobos do arredor, porque aquí están os xulgados e demais, polo que pican algo.

-¿Algunha nova de quen puido ser o gañador? ¿Acudiu aí?

-De momento, nada.