
A recreación do Desembarco, esta noite, é un dos feitos diferenciadores deste Mercado Medieval
25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Salvo que a historia se vire do dereito para o revés, case todo o mundo sabe o desenlace. Iso, non obstante, non lle resta ápice de atractivo á Recreación do Desembarco das tropas do arcebispo Rodrigo de Luna en Corcubión, acaecido no 1457. Será esta noite, na Praia do Recheo, ás 22.30, o prato forte dun Mercado Medieval de tres días, dende hoxe ao domingo: «É o que nos dá ese carácter único e singular», dicía onte Jan Lamas dende a asociación Cantigas de Dona Xoana, organizadora. «Estamos a tope, cos últimos preparativos, case metidos en pleno medievo», contaba tamén. Máis dun cento de persoas participarán na teatralización do Desembarco, que este ano se levará tamén aos días posteriores: «Enterro dos caídos, paseos polo mercado de Dona Xoana e familia... tamén para que os nosos nenos saiban máis da nosa historia».
Malia que a representación —que como cada ano conta co apoio da Deputación, nesta ocasión 14.423 euros— será ás 22.30, xa dende pola mañá, co izado do pendón ás 11.00 e apertura do mercado ás 12.00, haberá moito para facer en Corcubión. Espectáculos cada media hora ou menos e nomes ligados xa á historia desta festa que vai pola 23.ª edición, como Acibreira, Gaeloc ou o Fauno Antón: «É un espectáculo ver os seus brincos». Lamas lembra «unha oferta ampla e para todas as idades». Haberá zona infantil mañá e tarde —tamén con opción inclusiva, sen ruídos nin animación—, artesanía, gastronomía, teatro... Ir, ver e gozar.
Hoxe en Corcubión
- 11.00 horas. Inauguración oficial co izado do Pendón. Saída dende a Praza do Concello cara o Pazo de Altamira.
- 12.00. Apertura Mercado Medieval.
- 12.30. Pasarrúas musical: Gaeloc.
- 13.30. Pasarrúas Krakort: «El guardián de la muralla». Zona infantil
- 14.00. Demostración loitas medievais
- 14.30. Pasarrúas musical: Gaeloc.
- 15.00. Hora do «bo xantar»
- 18.00. Apertura do Mercado Medieval.
- 18.30. Pasarrúas teatral. Los Monjes perseguidos: «Tentaciones del claustro»
- 19.00. Pasarrúas musical: Gaeloc.
- 19.30. Contacontos no espazo infantil. A cargo de Surix: «El hombre árbol».
- 20.00. Contacontos: Fruta de Pan.
- 20.30. Pasarrúas musical: Acibreira
- 21.00. Exhibición loitas medievais
- 21.30. Pasarrúas musical: Gaeloc
- 22.00. Pasarrúas teatral: «Curanderos de lo incurable», con Los Sanadores.
- 22.30. Recreación do Desembarco.
- 23.15. Espectáculo estático de lume: «El bufón Plastón».
- 23.45. Pasarrúas do sátiro, co Fauno Antón. Estático tamén.
- 00.15. Pasarrúas musical: Acibreira.