
Roteiros e unha paisaxe espectacular son parte das claves da divulgación
27 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.A infraestrutura turística de Dumbría deu un salto de calidade nos ?últimos anos, grazas ao desenvolvemento de proxectos que ?marcan unha diferenza con outros concellos. Centros de ?interpretación, rotas preestablecidas, albergues e centros de ?información, todo ilo conforma unha rede planificada polo Concello que realza a potencialidade do municipio como destino turístico, e de feiro así se dará a coñecer en Fitur (Madrid) a vindeira semana. Medio ambiente e cultura activa, ademais dos camiños xacobeos de ?Compostela a Fisterra e Muxía: principais coordenadas da ?acción turística municipal de Dumbría. Sen esquecer a bandeira azul de Razo. Para iso, o alcalde, José Manuel Pequeño, quixo recuperar edificios, ?construír outros, organizar aulas para entender o que pode dar o territorio e planificar rotas que permitan ao visitante achegarse mellor ao lugar. Son, todo eles, equipamentos para poñelos ao servizo dun cliente turístico ?que xera riqueza e actividade económica en toda a comarca, e así se está a ver nos últimos anos, pero ?que axuda aos veciños a coñecer ?mellor a propia realidade física e cultural que os rodea, xa ?que as rotas e as visitas póñenas en práctica os propios habitantes de ?Dumbría. A porta de entrada de calquera percorrido pola fermosa paisaxe ?dumbriesa é, deber ser, O Ézaro. Alí, nun edificio rehabilitado (Casa de Pedra, na beira da estrada) para a ?súa nova función, é posible empaparse sobre o que se vai atopar se ?visita a Fervenza e o Pindo. Ponte Olveira, axiña Pero non só estas rotas compoñen a carta municipal de ?servizos turísticos. Tamén o Centro de Interpretación e ?Servizos Turísticos de Ponte Olveira (Olveiroa), en avanzada construción, van abrir unha ampla variedade de ?posibilidades: Rotas da Fábrica da Luz ou dos Encoros, e ?as grandes áreas de pesca da zona interior do municipio, xa que tamén ?servirá de punto de encontro para pescadores e tamén de camiñantes ?que desexen introducirse pola parte alta do territorio. Son tres, algo máis extensas que ?as que parten do Ézaro. A primeira, que percorre Olveiroa, Logoso, Hospital ?e a Pedra do Brazal ten 24 quilómetros e ofrece a posibilidade de desviarse ?ata a capela de Santa Lucía, os encoros de Ponte Olveira e o ?Castrelo, e a gozar da compaña do río Xallas. A segunda ten 24,5 quilómetros e vai de Ponte Olveira a ?Ferroatlántica, petroglifo da Pedra Ancha, Marco do ?Couto, capela das Neves e Figueroa. E a terceira leva de visita á Boudañeira, encoro da Fervenza, Vilafernández, dolmen da Pedra da Arca e As Touzas, ?e tamén o castro de Regoelle, en Olveira.