![](https://img.lavdg.com/sc/7gK5kT6o9Tj375KWgwM7fSQ20lg=/480x/2015/11/12/00121447364703422814526/Foto/.jpg)
Son numerosas las voces que se alzan contra la idea de Rafael Trénor
13 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Mientras todos los grupos políticos de Fisterra están de acuerdo con el proyecto El Alma del Mundo presentado por Rafael Trénor, y lo consideran una gran oportunidad para el municipio a nivel de promoción turística y de presencia de la localidad en el mundo, algunos personajes de la cultura de A Costa da Morte manifiestan su total desacuerdo con la pirámide del escultor valenciano en el Cabo. Otros, que en privado confiesan lo mismo, ruegan discreción. Y, es que existe un cierto temor a expresarse con libertad. Como en cualquier colectivo de esta sociedad nuestra, hay divisiones y sensibilidades distintas. También, temores, sin duda alguna, aunque lo más grave es el miedo a expresarse públicamente. Son ahora los fisterráns quienes deciden; y lo que podemos pedir, es que lo hagan con inteligencia. Y con prudencia.
Fernando Cabeza Quiles, profesor e escritor, es tajante: «Non estou en absoluto de acordo coa instalación do tal prisma. Penso que a Fisterra abóndalle coa súa maxestuosa e sincera paisaxe á que cómpre non lle pór cachivaches innecesarios. Ademais o señor Rafael Trénor calou o que cobraría pola súa obra; sexa como for, a miña opinión é que non».
Marcela Riera, periodista, afirma: «No me gusta y no creo que el monte do Cabo sea el sitio idóneo. Me parece que la elección de Fisterra obedece más a criterios económicos que a artísticos, no fue la primera opción. Considero que el tiempo del mecenazgo público ha finalizado dejando atrás casos que han causado ampollas en la sociedad como Calatrava o Eisenman. Si tal y como señala el autor, el fin es conseguir patrocinio privado, debería empezar por ahí».
Modesto Fraga, escritor, poeta fisterrán y librero, apunta: «Fisterra é o lugar idóneo para que calquera, con tal de que sexa de fóra e teña bo palique, poida montar o seu negocio coa conivencia de catro «politiquillos» de turno. E, claro, así nos vai... (?) Chama poderosamente a atención que, tanto neste proxecto «escultórico planetario» coma no da restauración da igresa de Santa María das Areas, estean en total acordo os anteriores dirixentes, os actuais, algúns exdirixentes, etc. Deixade que o Cabo Fisterra respire e rezuma salitre de babor a estribor, en liberdade, coa ollada posta no horizonte da súa universalidade. Fisterra xa é universal de abondo e non precisa de iluminatis que nos vendan a moto. Menos obras faraónicas e máis fisterranía da de verdade».
Miro Villar, profesor, escritor y poeta, por su parte expone: «Pois non, non concordo coa instalación do prisma como tampouco concordei no seu día coa instalación denominada A Ferida na punta da Barca de Muxía, e as razóns sonche as mesmas: Non precisamos de ?iluminados? que veñan a agrandar o seu ego persoal a costa dunha paisaxe que é patrimonio de toda a xente e que debera ser protexida. O prisma non engade absolutamente nada á paisaxe e só crea unha intervención humana que o degrada, para min comparable á existencia dun vertedoiro de lixo que había hai uns anos. Daquela, é obvio que estou por erradicar intervencións coma esta, mentres pola contra non se remata de poñer en valor todo o que este espazo posúe, sen ir máis lonxe a Vaca de Fisterra. Como ben dicía Celso Emilio Ferreiro nuns versos da súa Viaxe ao Pais dos Ananos ?Nunca virá de fóra remedio ou esperanza?. Outro espabilado, este Rafael Trénor, que vén facer cartos porque en Valencia acabóuselles a bicoca grazas ao novo goberno de progreso que paralizou os investimentos sen xeito».
Fernando Patricio Cortizo, profesor, investigador y escritor, es categórico y ademas señala una serie de carencias pendientes: «A min non me agrada en absoluto a idea que se vaia a colocar esa pirámide en Fisterra. Penso que é inmensamente máis relevante gastar os cartos e as forzas en potenciar o legado da mítica Vaca (a serea do faro), o do propio faro co seu edificio e sala de exposicións, abrir o hotel e o bar do faro que lle dá un toque de modernidade aos servizos deste concello (imperdoable que estean pechados), e postos a gastar, facer un museo arqueolóxico histórico marítimo. Isto si que sería un gran proxecto para Fisterra.
Rafael Lema Mouzo, escritor, periodista y delegado da Real Liga Naval señala: «Queremos patrimonios da humanidade e de Europa e de todo e non temos vergoña, como temos o cabo, e o Camiño de Santiago, non merecemos nada. Só esperamos a ver se cae unha subvención para que catro pillos leven todo por pintar arcos e facer cemiterios no medio da nada. Cando o título non trae cartos que lle dean».
Xosé Iglesias, armador, pescador y poeta del mar: «Non estou de acordo, paréceme que o noso faro de Fisterra xa el por si só ten bastante maxia, e bastante escultura natural que ollar e que ate o momento funcionou moi ben. O Cabo non necesita deste escultor, sen embargo parece ser que este home si precisa do faro. Creo que é necesario gastar os cartos en revitalizar os espazos naturais que xa existen, para atraer en tal caso a máis xente, e reivindicar o noso e non ningunha obra dun de fóra».
Suso Lista, percebeiro, actor y escritor dice: «Aínda imaxinando que fixese gratis, que me dá que non, paréceme unha agresión ó entorno. As pedras que temos superan con creces calquera actuación humana. Por outra banda a elección do sitio tampouco se entende tendo na man un móbil con GPS. Os de Touriñán vanse celar...»
Xan Fernández Carrera, profesor, investigador y escritor, profundo conocedor e divulgador de toda a Costa da Morte, señala: «Ninguén de fóra vai poñer en valor os recursos e as potencialidades que ten Fisterra de cara ao turismo, senón que terán que ser os propios fisterráns os que o fagan. En Fisterra aínda queda moito por facer neste sentido. Apoiar este proxecto é poñer o carro antes cos bois. Primeiro habería que recuperar todo o espazo do cabo. Poñer en valor todo o que nel hai: o propio faro, a sirena, a capela de San Guillerme, a riqueza lendaria, etcétera. Trazar unha ruta por todos eses lugares de interese. Unha vez recuperado todo este espazo, que hoxe está no abandono, poderíase pensar en novos proxectos».
Darío Areas, licenciado en Historia, responsable del museo da Fundación Fernando Blanco: «Sen coñecer en profundidade o proxecto (recoñézoo) a min, persoalmente, a idea non me gusta. É máis, desgústame. A verdadeira obra de arte é o monte do faro en si, obra do máis grande escultor de tódolos tempos: a natureza. Si tivemos a sorte de que a natureza elixiu a nosa costa para facer unha das súas grandes obras, qué sentido ten estropeala? Eu persoalmente desconfío dos que adornan a súa ?obra de arte? de filosofía, dos que a ornamentan de misticismo..., cando en definitiva é un prisma de pedra sen máis».
Daniel Oca González, profesor: «Ese marabilloso lugar que é o cabo, cos seus dous outeiros, inzados de ruínas deplorables. Balcón privilexiado do Monte do Pindo. O que merece é un tratamento integral. Fóra coches! Fóra ruínas! Coidado do bosque, a poder ser coa introdución de especies autóctonas. Que tesouro sen coidar. Que mágoa».