—Pensaba que ía custar tanto?
—Home claro! É unha final e aquí igualase todo. Sabiamos que tiñan dúas baixas moi importantes, pero é que son moi bo equipo e amosarono. E ademais cando xogas cos teus amigos e na casa nótase que dás máis de ti, e a moitos deles pásalle iso. Mira Raúl. Eu xoguei con el, e onte era un xogador totalmente diferente. Ademais teñen moitos que xogan moi ben á pelota e, como nós fisicamente non estábamos para ir apretar, pois houbo momentos que incluso nos bailaron. Pero no cómputo global e por ocasións, creo que somos xustos gañadores, aínda que estivo moi igualada.
—A quén destacaría?
—A todos, pero sobre todo a Julián. Pero o domingo e en cada un dos partidos que xogamos. É moi superior a todos. Eu sempre lle digo que é demasiado xeneroso, porque se eu tivese o seu talento non pasaría tanto a pelota nin de broma. Cada vez que a ten, sabes que veña quen lle veña, el vai seguir levándoa e iso é impresionante. E despois claro, a toda a afección porque é un luxo xogar para eles.