Divertimento-Entristecemento por tal como seguen as cousas

La Voz

FISTERRA

El colegio Luis Vives de Massanassa, afectado por la dana, tras el derrumbe que le ha costado la vida a un trabajador
El colegio Luis Vives de Massanassa, afectado por la dana, tras el derrumbe que le ha costado la vida a un trabajador Jorge Gil | EUROPAPRESS

Máis da actualidade, en clave de verso, por parte do fisterrán Roberto Traba Velay. Unhas pezas para Radio Voz

25 nov 2024 . Actualizado a las 14:01 h.

Parece ser polo visto,

e o que temos escoitado,

que na Dana de Valencia

sigue todo desolado,

que en España todo o mundo

está máis que rebotado,

pois con tanta información

que hai por parte do Estado,

da prensa, dos voluntarios,

e os youtubers cabreados,

hai semellante rebumbio

que estamos desinformados.

Do da Dana a todas horas

falan na televisión

bombeiros e xornalistas,

políticos da nación,

voluntarios, militares

todos dando a súa opinión.

Como ninguén di o mesmo,

tede pois gran precaución

porque hai moito mentireiro

aproveitando a ocasión

para gañar máis audiencia

ou votos nas eleccións.

O mundo está corrompido

non hai de quen se fiar,

nin dos gobernos de turno

nin dos que os queren cambiar.

Ultimamente parece,

se te botas a pensar,

que o que queren os de arriba

é non deixarnos falar,

e ata creo, se me apuran,

polo que se está a escoitar

que ata parece que a xente

xa está empezando a sobrar.

Como se cabree Putín

ou lle de por tolear

e pulse o botón misterioso

do ataque nuclear

haberá moito fiambre

imposible de contar.

Xa veremos o que pasa,

pero o que poda pasar

ha de ser culpa de todos,

e a todos hai que culpar

porque ninguén fixo nada

e non foi por avisar.

En fin queridos amigos

ante este mundo fatal

eu non sei se encomendarme

a algún anxo celestial,

mais eu non sei se é que existen,

pois son un simple mortal,

así que estou decidido,

porque o creo elemental

facelo ao Iker Jimenez

e máis ao Rafa Nadal

que son dous tipos curiosos,

xente do mais natural,

do pan pan e ao viño viño,

do ser do mundo real.

Iso é o que creo señores

e me parece fatal

que falen mal desta xente

os que sempre falan mal.

Ata a semana señoras

con isto xa me despido,

desculpádeme o que penso

polo escoitado e o lido,

pero estou moi pesimista

e nada máis que lles pido

que reflexionen as cousas

e non deixen no olvido

que existe un novo horizonte

de amor e paz construído

con verdades e certezas

e dun mundo máis unido.

Roberto Traba Velay