O virus da corruptofilia: (J)oda os aos corruptos

Roberto Traba Velay CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

ANA GARCIA

Novo divertimento a cargo de Roberto Traba, un sarcástico análise da actualidade dende Fisterra

02 dic 2024 . Actualizado a las 13:15 h.

Neste país picaresco

onde menos ti te esperas

vas a topar cun corrupto

que ben pode ser calquera.

É tan longa e grande a lista

de cacos na Koldoesfera,

que caben nunha autopista

máis non nunha carretera.

Andan ata en aeroportos

tratando dos seus asuntos;

corruptelas e mordidas,

testa ferros e outros puntos,

e se os chaman dos xulgados

humildemente pregunto:

porque non son imputados?

Porque son só presuntos?

E por que nunca os condenan?

Porque acordan todos xuntos

en culpar das chanchulladas

que fan todos en conxunto

a xente que non existe,

ou fugados ou defuntos.

Hai un virus nacional

chamado corruptofilia

moi contaxioso por certo,

que a todo partido se afilia,

para contaxiar os políticos

e tamén ás súas familias.

Para librarnos deste mal,

eu digo chamar a IIia,

a Topuria, o matador,

para ver se nos auxilia

a acabar con tanta mafia,

e dun lapotazo os exilia

a Venezuela ou a Somalia

ou a Rusia ou a Sicilia,

porque tanto estafador

e político corrupto

e tanto vicioso asesor

e ladrón non interrupto

merece ser expulsado

ou case mellor noqueado

con un par dereitazos

e uppercuts e patadóns

e ganchos, e mais esquerdazos

e tamén mataleóns.

Si Señor,

que chamen a Ilia Topuria

para salvar a Nación

ou que os collan todos xuntos

e os larguen nun avión,

porque metelos no trullo

non sería solución,

seguiriamos co conto

sen aprender a lección.

É que son tan criminais

caraduras e abusóns

que ata desde as propias celas

se é que os meten en prisión

seguirán cos seus chanchullos

e ca mesma corrupción.

E ata outro días «señoros»,

que non quero máis falar

pois tal como vai o mundo

non paga a pena berrar,

porque onte escoiten ao Putin

no televexo babear

falando outra vez de novo

sobre a guerra nuclear!