Premio para o CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Foto de archivo del centro
Foto de archivo del centro Ana Garcia

Participou no certame Novos Poliedros que convoca a Institución Galega da Ciencia coa colaboración da Xunta

11 dic 2024 . Actualizado a las 13:15 h.

O colexio Cabo da Area de Laxe foi premiado na cuarta edición do certame Novos Poliedros que convoca a Institución Galega da Ciencia coa colaboración da Xunta co gallo do Mes da Ciencia en galego. O obxectivo é promover entre a mocidade a innovación científica en lingua galega. O CPI plurilingüe foi merecedor do galardón polo traballo Universo dodecaédrico «Estrelado».

Alumnado e profesorado dos centros gañadores participaron onte no acto de entrega dos premios, no que participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o responsable de Igaciencia, Manuel Díaz. Alí expuxeron o seu proxecto, polo que recibiron unha cantidade económica, un lote de libros e un diploma acreditativo como agasallo. A convocatoria homenaxea a figura do matemático Evarist Galois.