Eduardo Parga, PP de Malpica: «O goberno anterior a nós estaba paralizado»
MALPICA DE BERGANTIÑOS

A carreira electoral | O rexedor sinala que se entendeu ben con Cañizo, que a moción de censura estaba xustificada e alerta da fragmentación do voto
19 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Eduardo Parga (Seaia, 1966) é alcalde de Malpica dende o 2012, coa excepción do actual mandato, cando recuperou o cargo tras unha moción de censura. Pasou por maioría absoluta e goberno de coalición. Encaza o PP:
—Que tal vai a campaña?
—Encamiñada. Xa estamos no ecuador.
—Dun tripartito a un bipartito. Que tal a relación co socio, Alfredo Cañizo?
—Estes case 19 meses foi unha relación boa, de bo entendemento para poder facer cousas por Malpica.
—E houbo unha moción de censura.
—Antes houbo un goberno tripartito, que foi feito só para sacar ao PP do goberno, sen consenso nin programa, e aos feitos me remito. Nun principio, o BNG nin estaba no goberno, só apoiaron ao PSOE, e dende ai, varios meses para chegar a un entendemento para estar no goberno. E como foi feito para sacar ao PP, non houbo entendemento dende o principio, e sempre estiveron con disputas, non polo ben do Concello. Chegou o momento que nos propuxeron volver, que había unha posibilidade se queriamos volver ao goberno. Despois de pensalo moito tempo, e vendo que era necesario para que Malpica medrara, porque estaba totalmente parada, pois decidimos dar o paso.
—Desta vez son cinco os partidos. Como pode influír que sexa un máis?
—Se cadra pode fragmentar máis o voto. Á larga é prexudicial para Malpica. Esperemos que os veciños elixan votar aquelas forzas que teñen opcións de goberno polo ben de todos.
—A súa aspiración será unha maioría suficiente. Pero, chegado o momento, estaría abertos a pactos?
—Se o pobo di que non hai unha maioría suficiente (nós esperamos que sexa o PP) para gobernar este Concello, terá que facelo alguén. Se non hai unhas maiorías, haberá que chegar a acordos, iso é indubidable. Pero é prexudicial que se fragmente tanto o voto, porque á larga, Malpica perde.
—Como ve a primeira parte do mandato?
—A primeira, paralizou todo o Concello. Nós deixáramos obras importantes para poder executar e houbo problemas, como estar a punto de perdelas, como o centro de día, tivemos que recuperalo e intervir eu dende a oposición. Ou a urbanización da rúa principal, que a pararon ata tres veces, a Xunta tiña pensado indemnizar á empresa e que parase. Houbo que falar con eles para que seguise, xa que era moi importante. E máis obras que non se executaron por falta de seguimento. O goberno estaba paralizado.
—E na segunda?
—Foron poucos meses. Fixemos o centro de día, rematámolo, só falta o papelexo. Fixemos investimentos moi grandes en vías, que eran necesarias, polo desgaste de dous anos sen mirar para elas. En Cultura démoslle axudas a todas as entidades, e en Deportes, o mesmo. Estamos co alumeado público, case dous millóns de euros. Moito, e a seguir facendo, como un viveiro de empresas.
A LISTA
1. Eduardo José Parga Veiga
2. Miguel Ángel Fernández Miras
3. Noelia Freijeiro Novo
4. María Soledad Blanco Gorín
5. Rodrigo Mato Garrido
6. Luis Miguel Fernández García
7. Julio José Vila Díaz
8. María del Pilar Doldán Pose
9. Iago Espasandín Varela
10. María Isabel Suárez Santiago
11. Eva Álvarez Fernández
12. Alberto Vázquez Cambre
13. Adriana Couto Blanco
Suplentes
María del Carmen Pérez González, Óscar Manuel Gómez Pardo, Carmen Mille Rodríguez, María Teresa Rojo Novo, José Cambre García
PREFERENCIAS
- A que hora se ergue? 7.30
- Que almorza? Café con leite
- Prato preferido: Un bo cocido
- Que non comería? Lamprea
- Bebida preferida: Cervexa sen alcohol
- Equipo de fútbol: Todos os de Malpica, e o Madrid
- Que coche ten? Un Mercedes de 24 anos
- Unha afección: Mantemento da miña casa
- Un lugar: Muíños de Ardeleiro, San Adrián
- Unha rede social? Facebook
ARTES E LETRAS
- Escritora, escritor favorito: Arturo Pérez-Reverte
- Último libro que leu: La dama del norte, de U. Bértolo
- Última película que viu: Avatar
- Un artista: José Luis Gil (La que se avecina)
- Un actor: Harrison Ford
- Unha actriz: Jennifer López
- Un cantante: Non teño preferencias
- Tipo de música: Variada
- Deporte que practica: Andar
- Unha viaxe pendente: Suiza. Traballei 2 anos alí.