
José Manuel Fernández Pensado, Manel de Aturuxo, presentou alí a súa obra (Galaxia) este martes
29 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Mulleres «pioneiras» chegaron o mércores ao Museo do Pobo Galego (MPG) José Manuel Fernández Pensado, Manel de Aturuxo, deu a coñecer alí a súa obra «As Vellas de Mens», na compaña de Xesús Domínguez Dono, de Galaxia; Concha Losada, presidenta do MPG; Xosé Manuel Varela, docente e escritor; e Valentín García, secretario xeral da Lingua. Puxo este último en valor o traballo de Manel ou de Varela, coautor de Cantareiras, como divulgadores de quen foron as de Mens, pero tamén Eva Castiñeira ou Rosa e Adolfina Casás, tributadas nestas Letras Galegas. Domínguez Dono, do seu lado, enfatizou que As Vellas de Mens, se ben se publicou este 2025, estaba xa escrita cando a RAG decidiu homenaxear á literatura popular oral. Un traballo coidado, pleno de información, imaxes e anécdotas, que desvela quen foron Prudencia, Asunción, Teresa García, Teresa Lema, Manuela e Adela.