A axenda para este primeiro domingo de xullo na Costa da Morte

La Voz

MUXÍA

ANA GARCÍA

Consulta todo o que podes facer na zona, con moitas festas e outras actividades culturais

06 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Rematamos a fin de semana coa seguinte axenda cultural, social e de lecer para este primeiro domingo de xullo, día 6:

Zas · Adíase a visita teatralizada dos Quinquilláns nas Torres do Allo, que será o domingo 13 ás 19.30 horas. Máis actividade haberá hoxe no pazo con visitas guiadas, unha exposición e un xogo de pistas.

Muxía · A escola unitaria de Quintáns recibe (19.30 horas) a Olga Abad co seu monólogo Arrivederci Roma. Á mesma hora, no Camping Lago-Mar, concerto de Stereo Madness. É, tamén, o último día das Festas do Socorro en Coucieiro, onde haberá danza de arcos e o grupo Xaramiños do Corpiño antes da sesión vermú a cargo do grupo Alaska.

Laxe · A Praza Ramón Juega converterase nun escenario de Teatro Danzacontos dende as 19.30 horas.

Cabana · Cine ao aire libre. Dende as 22.15 horas, proxectarase na Praza de Neaño: ¡Momias!.

Coristanco · Remata a festa na honra da Virxe do Corpiño co Dúo Charada ao mediodía e pola noite.

Ponte do Porto · Último día das festas de San Pedro, con misa e procesión a partir das 13.00 horas, e macrosesión vermú con Tania Veiras e Los Cumbiapop.

Cerqueda · Empeza San Cristovo en Cerqueda, Malpica, cunha misa (13.00 horas) e sesión vermú a cargo do Dúo Veneguay.

Neaño· Última xornada das Festas do Carme en Neaño, Cabana. Haberá pasarrúas con gaitas e Os Farrapos, a charanga Santa Compaña e unha macro sesión vermú co Grupo Máster e Dj Drewkorme aos mandos da Disco Móvil Impacto.

Serantes· Conclúen as Festas do Rosario en Serantes, Laxe. Haberá pasarrúas coa charanga Os Celtas e sesión vermú co Grupo Lume.