
Os dous artista actuarán a mesma noite, a do sábado 16 de maio
31 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.A pequena aldea pontecesá do Couto xa se prepara para a celebración da súa gran cita cultural. A próxima edición das Festiletras converterá o lugar en punto de referencia do 10 ao 17 de maio co desenvolvemento de numerosas actividades e o paso por alí de destacados representantes do mundo da creación artística.
En días pasados xa transcendera que entre os artistas que actuarán esta vez no Couto estará o cantautor ponferradino Amancio Prada e agoara acaba de saberse que ese mesmo día, o sábado 16, tamén actuará a artista galega Guadi Galego, ex integrante de grupos como Berrogüetto ou aCadaCanto, e que acaba de presentar o seu segundo disco en solitario, Lúas de outubro e agosto.
Ademais, entre os convidados xa confirmados para as Festiletras 2015 figuran o debuxante Luis Davila, autor dos coñecidos personaxes de O Bicheiro, e o músico e showman Pulpiño Viascón. A celebración, promovida pola asociación cultural Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal, sumarase este ano á conmemoración do 50 aniversario do Día das Letras Galegas que lle foi dedicado ao Bardo de Bergantiños.