Cova Céltica sobre «Tesouro Espeleolóxico Galego», en Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

ANA GARCIA

Será mañás, ás 17.00 horas, no Couto, coa participación de Tereixa Otero e Alba Cid

29 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • 17.00 horas • A sede da Fundación Eduardo Pondal, en O Couto, Ponteceso, acollerá mañá unha nova Cova Céltica, un café científico-literario arredor de «Tesouro Espelolóxico Galego». O proxecto é iniciativa de aCentral Folque, subvencionado pola Deputación, e inclúe a publicación do libro homónimo e outras actividades, caso destes encontros como o que mañá haberá en Bergantiños, con Tereixa Otero (Clube Espeleolóxico Maúxo) e Alba Cid, poeta, encargada da parte escrita.

A obra, que inicia a colección Rupestre Sonoro, é o resultado de máis de 30 anos de compilación editoral por parte do mencionado clube: 544 páxinas e máis de 1.200 referencias documentais datadas antes do 1970. Covas, furnas, cavernas, minas...