Unha festa para presentar un festival, o Retella Fest, en Ponteceso 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

PONTECESO

Actuarán mañá, sábado, tres grupos, chegados dende Mallorca, A Coruña e Pontecaldelas

17 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá, sábado • hora • prezo • Para dar avances do que virá, nada mellor que ofrecer algo a xeito de petisco. É o que se fará mañá, sábado, no local social Os Seixos, en Tella, Ponteceso, donde unha xuntanza festiva valerá para presentar datas e cartel do festival Retella Fest, polo que haberá que agardar, non obstante, ata o vérán deste 2025. Esta festa de presentación constará de tres concertos para «quentar motores», traslada a organización, que fixa as 20.30 como hora de inicio (e o acceso libre!).

Dese trío de agrupacións musicais programadas para mañá cómpre destacar a banda Vynilo, chegada dende Mallorca. Non é a primeira vez que participa, e ten unha razón de ser: o seu guitarrista é o pontecesán Cibrán Abella, que retorna á súa vila natal para tocar co seu grupo rodeado de amigos e veciños. A súa marca pasa por facer transitar ao público por rock clásico, blues e mesmo toques metaleiros, describe a organización. As outras propostas chegarán dende A Coruña —o grupo de rock and roll Baila Cuchillo— e dende Pontecaldelas —Q’Jazz Band, unha formación que aposta pola recuperación do jazz mesturado cos sons actuais». Todo o que eles ofrezan será o contexto no que se dea a coñecer o cartel da que será xa quinta edición do festival Retella Fest.

Sen apoio

Agradece a organización a asistencia a estes concertos de mañá, para facer posible a continuidade dunha cita cultural «que, ata o momento, non conta con ningún apoio institucional nin privado».