![](https://img.lavdg.com/sc/_dvbIqobSbkeufBoTjvi3f1PkmE=/480x/2025/01/18/00121737220082506345819/Foto/CE19C10F2_18657.jpg)
Alumnado de infantil deste centro larachésa acudiu por vez primeira ao museo pontecesán
19 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os inicios de trimestre e mesmo de curso marchan distinto se a educación se leva ao terreo, se vai máis alá das aulas. Dende o Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga de Ponteceso, festexan que así fose no caso do medio cento de nenos e nenas que este venres se achegaron ata a instalación procedentes do colexio Alfredo Brañas de Paiosaco, no municipio da Laracha.
Era a primeira vez para este centro, unha expedición da que participaron pequenos de entre 3 e 5 anos de idade, todos eles alumnos de infantil, acompañados polas docentes Aloia Picón, Xarxa Varela, María del Pilar Marcote e Marta Montes. Un grupo numeroso de curtas idades, reporta Ricardo Pérez y Verdes, director do museo, mais sumamente atento a todo canto se falou e proxectou. Sobre todo, a canto se xogou! Non houbo marcas destacadas para o rexistro do museo, mais, conta, merecerían premio «polos seus coñecementos e o seu entusiasmo».