A compañía aAntena ten nova obra, «Sol Fuerza», coa nomeada ao Goya Lucía Veiga
VIMIANZO

O espectáculo chegará a Vimianzo o vindeiro 22 de febreiro. Tamén sobre as táboas, Manue Fernández e Virginia Bermúdez
30 ene 2025 . Actualizado a las 19:48 h.En Vimianzo o 22 de febreiro • Unha comedia eco-lóxica; tres historias entrelazadas nunha comedia sobre medio ambiente; verdades, mentiras e posverdades das renovables na escena. Todo iso é Sol Fuerza, o novo espectáculo da compañía aAntena que chegará o 22 de febreiro a Vimianzo. Humor, memoria e verdades que a veces explotan polo aire, contadas por tres actores da talla de Lucía Veiga, nomeada ao Goya como actriz revelación este 2025, Manu Fernández e Virxinia Bermúdez, que poñerá o toque comarcal.

«Contaranche tres historias que viaxan entre décadas, risas e reflexións», avanzou a compañía este xoves: «Cun equilibro perfecto entre a risa e o belisco, Sol Fuerza fala do que somos, o que fomos e o que nunca nos contaron (...) Porque aínda que todo cambie, sempre poderemos dicir que Galicia máis linda e máis linda, cada día mellor e mellor!».

Bernardino Martínez encárgase da dramaturxia, mentres que Xosé Leis dirixe a peza. Biocombustibles, gasolinas milagrosas e muíños que enchen o rural. Distribúe Urdime.