
Será na tarde-noite do domingo 20 de abril, celebrando deste xeito a Noite Mundial Starlight
09 abr 2025 . Actualizado a las 15:57 h.20 de abril • «Unha noite única, na que a natureza e a emoción de mirar ao ceo creará unha experiencia inesquecible». Así é como avanzan dende o Concello de Vimianzo o que teñen preparado para o vindeiro domingo 20 de abril, unha actividade astronómica no miradoiro Furna do Sapo, en conmemoración da 18.ª edición da Noite Mundial Starlighte e coa colaboración da Fundación Starlight. «Este miradoiro ofrece á veciñanza e visitantes unha das panorámicas máis espectaculares da ría de Camariñas. A sensación de estar sobrevoando a auga fai deste espazo o lugar ideal para unha noite de observación solar e astronómica», precisan. Baixo o lema Observar o ceo é ler o universo, o encontro será de 20.30 a 23.00, con necesidade de inscrición mediante formulario web. Con esta proposta segue traballando o Concello na súa promoción como destino starligh, con varios lugares destacados para a observación.