Tributo ás cantareiras en Vimianzo con Xabier Díaz

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

Carmen Limideiro, de Berdoias, animouse a tocar co artista, do que fora informante nos anos 80

15 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao igual que pasara en Carballo días atrás, Xabier Díaz tamén foi quen de encher salón en Vimianzo. O artista pasou este martes pola vila para dar a coñecer o seu libro Cancioneiro galego serodio, unha cita incluída no programa das Letras da Deputación e que levou ata Soneira á deputada de Lingua, Soledad Agra. Tamén á alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a un cento de persoas que gozaron co seu relato e anécdotas, homenaxe ás cantareiras.

ANA GARCIA

ANA GARCIA

Estiveron estas representadas en Vimianzo pola figura de Carmen Limideiro, de Berdoias, informante de Xabier nos 80 que este martes tamén se atreveu a tocar con el. Foron felices, ademais, os integrantes do grupo de pandeireteiras Trubisquiña, símbolo no caso vimiancés do relevo xeracional e da vitalidade e futuro da música tradicional.