Zas fai aos escolares protagonistas do seu «Maio, mes das letras»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

A contadora Vero Rilo
A contadora Vero Rilo Ana Garcia

A primeira intervención deste ciclo en torno ao 17 de maio será o día 10, en menos dunha semana

04 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

En menos dunha semana, o día 10, comezará o programa deseñado polo Concello de Zas para o seu Maio, mes das letras, actividades para divulgar vida e obra do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán. Boa parte delas levaranse a cabo nos centros educativos.

10 de maio. Problemas, contacontos infantil de Trinke Trinke. Ás 18.00, na biblioteca municipal de Zas. Público familiar.

12 de maio. Outra vez!, narración oral con Vero Rilo. Ás 10.30, no auditorio municipal. Para público escolar. E a ti... que che contaban?, tamén con Vero Rilo, ás 12.30, no auditorio de Baio. Público escolar.

13 de maio. Mulleres creadoras, con Silvia Penide e Carla López, de Feminino Plural. Ás 10.30, no auditorio municipal e, ás 12.30, no de Baio. Funcións, igualmente, escolares.

19 de maio. Invisibles, de Redrum Teatro. Función para alumno de ESO e bacharelato: 12.45, auditorio de Baio.

24 de maio. Problemas, de novo con Trinke Trinke. Ás 18.00, na Axencia de Lectura baiesa. Para público familiar.

Quinta Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Aínda quedan varias representacións: 7, 14 e 21 de maio. O 29 clausurarase o curso 2021/2022 da Escola de Teatro Infantil Municipal. Ás 18.00, en Baio.

Concurso de marcapáxinas. Vai xa pola 13.ª edición. Organizan as bibliotecas municipais, para alumnos dos centros escolares do Concello. Tres categorías: ata 5 anos; de primeiro a quinto de primaria, e de sexto de primaria a cuarto da ESO. Bases na páxina web municipal.