O acto será o vindeiro sábado. En decembro de 2023 cumpríronse dous séculos do paso do cartógrafo polo p
14 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O pazo de Follente, no Concello de Zas, contará dende este sábado cunha placa que conmemorará o paso do cartógrafo Domingo Fontán polo lugar.
Segundo contou nestas páxinas o investigador Xosé María Lema —promotor desta iniciativa— o 15 de decembro do 2023 cumpríronse douscentos anos dende que Fontán se estableceu no pazo zasense para, dende alí, partir cara á costa para levar a cabo a Carta Geométrica de Galicia, «un mapa topográfico de grandes dimensións rematado en 1834 e impreso en París en 1845», recolleu Lema no seu artigo.
Dende Follente, o cartógrafo partiu cara a costa, para despois regresar e seguir explorando a Terra de Soneira e parte de Bergantiños e Xallas. «Palmo a palmo, Fontán percorreu case sen interrupción todo o territorio galego para medilo de punta a cabo ao longo de dez anos, e así acabar perfilando o que Otero Pedrayo definiu como ‘‘o primeiro rostro de Galicia''», recolle Lema.
O acto de descuberta da placa será o sábado, ás 12.30, en presenza do alcalde, Manuel Muíño, e do investigador soneirán.