Zas e Cee subirán ao bus do teatro para gozar de «Nada se sabe»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

ZAS

Manuel Lourenzo, para sempre Meljacho, é o autor da peza «Nada se sabe»
Manuel Lourenzo, para sempre Meljacho, é o autor da peza «Nada se sabe» Ana Garcia

Ambos municipios están incluídos no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG)

17 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Zas e Cee son dous dos concellos incluídos no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego. Chega unha nova edición do Autobús do Teatro, coa finalidade de achegar producións a público de toda Galicia. Veciños de Zas terán a oportunidade de ver Nada se sabe, con texto orixinal de Manuel Lourenzo, o sábado 25 de xaneiro: sairá o autocar ás 15.30 da Praza para unha función que será ás 18.00 no Salón Teatro de Santiago, con entrada a 5 euros. Son estes os últimos días para inscribirse: 981 751 398 ou 981 718 056. Nada se sabe é tamén o espectáculo —de Culturactiva e CDG— que poderán ver os ceenses, mais neste caso o sábado 1 de febreiro, con saída ás 15.45 da Casa da Cultura de Cee. Os interesados en acudir han de anotarse na biblioteca Francisco Mayán, no 981 745 100 (ext. 3) ou en victor.castineira@cee.gal.