Catro obras de Labarta Pose no auditorio baiés, este domingo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

ZAS

Labarta Pose
Labarta Pose

As representacións darán por concluídos os actos organizados polo Concello de Zas no centenario da morte do escritor 

22 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • O Concello de Zas pechará este domingo a programación especial con motivo dos 100 anos da morte de Labarta Pose. Ás 18.30, no auditorio de Baio, representaranse algunhas das súas obras máis populares, e farano alumnos do CEIP Labarta Pose, así como actores e actrices de Badius: O tío Sanfona, A lingua pequena, Falade galego! e Unha boa misa son as pezas escollidas. A entrada á velada teatral é libre e de balde.