Tres andainas para coñecer Zas «a paso lento»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

ZAS

X.Ameixeiras

Hai saídas previstas para o 12 de xullo, o 19 de xullo e o 1 de agosto. ¡Inscrición de balde! 

08 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

12 de xullo, 19 de xullo e 1 de agosto • Sendeirismo con coñecemento. É unha das actividades estrela do verán, e tamén o Concello de Zas vén de presentar unha programación neste senso, tres andainas para coñecer o municipio «a paso lento», como reza o lema da iniciativa. A primeira das andainas será xa este vindeiro sábado, 12 de xullo: Ao son do río de Zas, trazado circular, terá unha dificultade baixa con saída ás 10.00 dende a Praza do Campo. Todas as rutas moveranse no entorno dos 10 quilómetros, e tamén será así no caso de Brandomil: pedras con memoria, o 19 de xullo, e de Entre as luces das brañas, o 1 de agosto, ambas lineais. Para a segunda, o punto de saída será o cámping Brandoñas, ás 19.00, e para a terceira, a praza Jorge Mira de Baio, ás 20.00. Os interesados poden inscribirse —é gratuíto— mediante formulario web ou nos teléfonos 981 751 398 e 981 718 056.