
Un euro de cada entrada vendida en liña será destinada á investigacion desta enfermidade neurolóxica
10 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Xa hai uns anos que a Festa da Carballeira de Zas vén elixindo en cada edición unha causa solidaria á que sumar forza. Así volve ser este 2025. Un euro de cada entrada vendida en liña se destinará á Asociación Nacional para a Investigación do Síndrome Rett (Mi Princessa Rett). Esta asociación sen ánimo de lucro leva traballando máis de cinco anos para dar visibilidade a este enfermidade neurolóxica. O que se recade apoiará o financiamento da investigación científica no único centro de referencia que hai en España, o Hospital San Juan de Dios (Barcelona). Entre as misións de Mi Princesa Rett, unir ás familias afectadas, ofrecerlles apoio e loitar por unha vida mellor para os pequenos —sobre todo, pequenas—, que padecen este mal.
A venda de entradas en liña para a Carballeira xa está activada, na páxina web, en ticketrona ou ben nas redes do propio festival: poderán mercarse así ata o 8 de agosto: 10 euros un día e abono de 18 para os dous, máis gastos de xestión. Logo, xa en taquilla, os prezos serán de 15 euros para un día e 25 para os dous.