
O Concello acaba de editar o libro de Ricardo Vigueret que recolle a historia do grupo de teatro afeccionado
07 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Zas, editor, e Ricardo Vigueret, autor, presentaron o pasado sábado o libro Badius: Historia dun grupo de teatro afeccionado (1984-2024). Con moito público, o alcalde, Manuel Muíño, lembrou que «Badius foi un faro no deserto cultural que era a Costa da Morte». O director definiu a formación como «a familia do teatro que si escollemos».