¿Que pasa dentro das nosas cabezas? ¿Que sabemos de como traballan esas células? ¿Poderemos manipulalas?». Con estas preguntas empeza hoxe unha viaxe dos alumnos do colexio Don Aurelio cara a ciencia comprendida, explicada e narrada en galego. Trátase dunha actividade que hoxe se achega a varios colexios de toda a comarca. En Cuntis será o profesor de fisioloxía Casto Rivadulla o encargado de achegar á ciencia aos rapaces. Non serán os únicos, porque no instituto Aquis Celenis de Caldas os xogos matemáticos e as experiencias científicas, como a simulación dun volcán centrarán a xornada. Os alumnos do Instituto de Barro sairán á rúa para desenvolver as actividades científicas. A xornada pretende reivindicar a validez do galego para transmitir todo tipo de coñecementos, incluido o científico.